Fai uns días realizaronse unhas obras no río Umia, na zona coñecida como
“o atranco” en Cabanelas, situada uns metros máis arriba no cauce do río da
ponte de Cabanelas, moi cerca da captación de auga do Hotel da Toxa (achéganse
fotos).
A simple vista as obras consisten nun recheo con area nunha marxe do río e na
construcción dun muro de contención a base de pedras e area, que atravesa todo
o ancho do río, embalsando a auga na parte de arriba. O muro parece compacto, sen que vexa ningunha
canle que garanta o mantemento dun “caudal ecolóxico”. Na zona tampouco hai
instalado ningún cartel informativo das obras, como seria o preceptivo
legalmente.
Non debemos esquecer a importancia que
ten o río Umia, polo que se debe velar para evitar intervencións que sexan
prexudiciais e alteren o curso natural da auga no mesmo. Tamén hai que lembrar
que un pouco máis abaixo desta obra atópase a zona de baño de Cabanelas e tamén
onde soen entrenar os membros do Clube naútico “O Muiño”. É en
todo caso, as intervencións que se fagan no mesmo deben estar sometidas a
normativa vixente e contar cos permisos oportunos das administracións
correspondentes.
E por todo o anterior, solicitamos que
dende o Concello se fagan as averiguacións oportunas e se informe a este
Concelleiro acerca das seguintes cuestións:
- Ten
coñecemento o Concello destas obras e presentouse algún proxecto ou
memoria para comunicar a realización da mesma?.
- Quen
promove a obra e cal é a xustificación exposta para a realización dun muro
de contención que corta o río de lado a lado?.
- Cal é a empresa
que esta a levar a cabo a obra?
- Conta con
todos os permisos precisos das administracións que interveñen na zona
(augas de Galicia, Servizo de medioambiente, …), para garantir o
cumprimento da normativa?.
- En caso de
resposta afirmativa ao punto anterior: Axústase a obra que se está a
realizar ao proxecto presentado na administración?.
- En caso de ausencia de permisos
ou non axustarse aos mesmos: Que medidas vai a tomar o Concello para
garantir a legalidade e adecuado mantemento do río Umia?.
Solicito
a resposta a todas estas cuestións o antes posible, que se me autorice o acceso
ao proxecto da obra no caso de estar presentado no Concello e finalmente que se
a obra non cumpre coa normativa que por parte do Concello se tomen as medidas
oportunas para a paralización da mesma, que se comunique a situación as
administracións responsables de velar pola legalidade e tamén solicitar que se
deixe a zona nas mesmas condicións que estaba antes do inicio da obra.
En Ribadumia, a 27 de Agosto de 2013


No hay comentarios:
Publicar un comentario