21 sept 2013

21/09/013 MOCION PARA QUE O CONCELLO XESTIONE CON URXENCIA A SUSTITUCIÓN DO CÉSPEDE ARTIFICIAL DO CAMPO DA BOUZA EN BARRANTES.



XUSTIFICACIÓN DE MOTIVOS:
 O campo de fútbol da Bouza, en Barrantes, é o campo que mais uso soporta en todo o concello. Por un lado esta o Umia C. F., que cubre, con arredor de 200 xogadores,  todas as categorías posibles: Biberon, Prebenxamín A, Prebenxamín B, Benxamín , Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Senior, Veterano  e Feminino. Hai que resaltar que este clube realiza un traballo extraordinario de promoción do deporte, e conta cun dos poucos equipos femininos da provincia e cun dos dous únicos equipos da categoría Biberón do Salnés, o cal implica por necesidade un uso mais intenso do campo que outros equipos que contan con menos categorías, ou menos xogadores. Sen embargo, este uso intenso, por si solo, non seria especialmente prexudicial para a superficie do campo, se non fora que ademais, os nenos do colexio xogan enriba del todos os días durante o curso escolar. Esta situación provocou o degradamento do céspede artificial a unha velocidade moito mais rápida que un campo cun uso mais normal. O que non entendemos dende Anova é como se permitiu este deterioro sen tomar medidas preventivas, nin acometer a súa substitución,chegado o momento.

  Porque a situación de deterioro do céspede deste campo non é algo novo. Todas as persoas que xogan nel ou acoden a ver os partidos ou os entrenamentos,  levan mais de dous anos observando signos deste deterioro. Dende o clube de fútbol, cando os membros do equipo local de Anova nos achegamos a preguntar por esta situación, comentáronnos que levan anos solicitando por escrito  que se resolva esta situación, e que o concello de Ribadumia nunca pasou de poñer un par de parches, consistentes sobre todo en añadir caucho o céspede, co cal a medio prazo o único que se conseguiu foi que os xogadores enchan os seus corpos de abrasaduras cada vez que se arrastran polo chan, algo por certo moi común neste deporte. O estado do campo e tan dramático, de feito, que consta en varias actas arbitrais, e que provoca lesións os xogadores, pois obrigaos a xogar nunha superficie que resulta ser tan dura como o asfalto, provocando sobrecargas musculares e outras lesións.

  Dende Anova xa temos declarado moitas veces que as maneiras de actuar do goberno local do Partido Popular, favorecendo a uns clubs deportivos mentres deixa a outros de lado, nos parece unha moi mala maneira de xestionar os recursos dun concello, por non entrar noutras valoracións. Pero que cheguemos o extremo de que o estado do campo sexa tan malo que os xogadores se lesionen, os árbitros o reflictan nas actas deixando o propietario do campo en ridículo, e sobre todo que os  nenos se estean mancando por culpa da ineptitude do equipo de goberno popular, parécenos ir demasiado lonxe.

  Nos últimos meses tivemos que soportar que se gastaran 420.000€, que eran de todos os veciños, en facer un campo de fútbol novo. Un campo que resulta totalmente innecesario, mentres os outros campos existentes no concello se descoidan e se deixan de lado.

  Non compartimos esta maneira de actuar. Ademais, no caso do campo de fútbol da Bouza cremos que a situación require de medidas urxentes, tendo en conta a cantidade de nenos, xoves e adultos que practican deporte alí cada día. Por ese motivo traemos a este pleno esta moción, coa intención de que se aprobe o seguinte:
-       Que o concello de Ribadumia, coa máxima urxencia, xestione a substitución do céspede artificial do campo da Bouza en Barrantes, así como de calquera instalación  ou mobiliario que estea en mal estado.

-       Que se estude e se poña en practica un plan de actuacións preventivas para axudar na medida do posible a prolongar a vida útil do céspede artificial.


-       Que se revise o estado do campo regularmente, e se proceda as reparacións ou substitucións oportunas cando sexa necesario.


Jose Enrique Oubiña lago. Concelleiro e membro do grupo local de Anova.
En Ribadumia, a dia 21 de Setembro de 2012.
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario